A Andaina Solidaria 2015 é unha actividade non competitiva organizada polo Concello de Nogueira de Ramuín a favor de FEAFES Galicia, que se celebrará o sábado 21 de novembro polas terras do municipio.
Trátase dun percorrido íntegro de 22 km. que contempla a posibilidade de realizar un trazado alternativo de 9 km. A opción longa conta cunha dificultade media-alta, mentres que a curta presenta unha dificultade baixa, puidendo participar así todo tipo de público.
A saída terá lugar ás 09:45 dende a Praza de Luintra e os participantes deberán retirar os seus dorsais media hora antes do comezo. Ao longo do traxecto haberá puntos de avituallamento de líquido e froita, e ao final da proba poderase disfrutar duns pinchos. Haberá tamén unha entrega de agasallos, previo sorteo, cedidos polas firmas colaboradoras na andaina.
A cota de inscrición da Andaina Solidaria de Nogueira de Ramuín é de 7€ por participante, e para apuntarse é preciso seguir as indicacións que figuran neste enlace. A marcha contempla unha participación de 200 persoas como máximo, que deberán ser maiores de idade ou menores acompañados.
Dende FEAFES Galicia queremos agradecer o compromiso e solidariedade do Concello de Nogueira de Ramuín e o seu apoio ao traballo pola mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental.