Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Bautismo de buceo en Lugo

By 8 de Febreiro de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

Os Clubs de Ocio de FEAFES Galicia non deixan de facer cousas novas e probar experiencias distintas, por iso este mes os mozos e mozas de Lugo e Ourense decidiron darse un chapuzón para disfrutar dun bautismo de buceo.

A actividade terá lugar o sábado 8 de Febreiro en Lugo. Ás 12:00 da mañá, os anfitrións recibirán ós sues compañeiros de Ourense para facer un pouco de turismo e que os visitantes poidan coñecer a cidade de Lugo. Despois, irán a comer todos xuntos ó Restaurante El Portalón para recargar as pilas e encherse de enerxía.

Pola tarde terá lugar a actividade estrela: un bautismo de buceo na piscina da Frigsa grazas ó cal os usuarios do Club de Ocio poderán disfrutar da auga dunha forma divertida e novidosa. O bautismo realizarase de 17:00 a 20:00, despois do cal os usuarios volverán ás súas casas tendo disfrutado dun día diferente e entretido.

bautismobuceolugo.jpg