Os pases dos filmes serán nos centros de Novacaixagalicia de xeito gratuíto e en versión orixinal subtitulada, coa presentación e comentarios de profesionais da saúde mental (psiquiátricas e psicólogos clínicos). Neste edición, as películas escollidas son ‘Elling’, ‘O maquinista’, ‘Shine’, ‘O borracho’, ‘Réquiem por un sono’, ‘Bicicleta, culler, mazá’, ‘Two lovers’ e ‘Crazy in love’. As datas de proxección en cada cidade pódense consultar nas imaxes insertadas ao final do texto.
Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Nise, no que participa Feafes Galicia, e pretende conseguir unha maior sensibilización social sobre a enfermidade mental e unha redución do estigma asociado a esta.
![]() |
Ciclo de Cine ‘Nos vieiros da mente’ |