Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Este verán, actúa e divírtete co grupo Ruela!

By 1 de Xullo de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

Ruela está formado por un grupo de mozos galegos que comparten a mesma inquedanza: o gusto polo teatro e a vontade de integrar socialmente a colectivos con dificultades de socialización. Por iso decidiron crear o proxecto ACTÚA, unha iniciativa subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude que ten como obxectivo traballar o autoestima de persoas con enfermidade mental a través do teatro terapéutico e a equinoterapia. 

A proposta vai dirixida a persoas diagnosticadas cun trastorno mental e desenvolverase dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto. As actividades realizaranse tres días á semana (martes e xoves teatro, sábados equinoterapia) en sesións de 2h30 cada unha, sumando un total de 20 sesións de teatro terapéutico e 6 de equinoterapia. As primeiras terán lugar no Colexio Compañía de María de Vigo e as segundas realizaranse no Centro Hípico A Muralla, ambos lugares con acceso mediante transporte público.

Trátase dun proxecto amplamente beneficioso para as persoas con enfermidade mental xa que axuda a aumentar o autoestima, a confianza, a autonomía e as habilidades sociais dos seus participantes. Ademais, os familiares e coidadores poderán disfrutar dun tempo de respiro mentres os participantes acudan ás sesións. 

As persoas que estean interesadas en participar poderán informarse ou apuntarse chamando ó 699 837 220 ou escribindo a grupo.ruela.actua@gmail.com. Tamén podes visitar o Facebook e seguir o Twitter do proxecto para estar máis ó tanto. E xa sabes, se queres ser un dos 12 afortunados que formen parte do ACTÚA este ano, non dubides en contactar con Ruela!

10511366_791350147551517_8885847070133080222_n.jpg