Skip to main content
Novas

Feafes Galicia celebra as IV Xornadas de Emprego e Saúde Mental o 29 de novembro en Vigo

By 20 de Novembro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Feafes Galicia celebra o vindeiro 29 de novembro as IV Xornadas de Emprego e Saúde Mental “Percorrendo o Camiño”, que terán lugar no Auditorio Areal, o antigo Reitorado. O evento celébrase ao longo de todo o día e a inscrición é gratuita. As persoas interesadas en participar pódense anotar no email xornadasaudeemprego@gmail.com ou no teléfono 986 485 779.

PROGRAMA

Mañá:

9.00 h.: Recepción de asistentes e entrega de documentación.

9.30 h.: Apertura das xornadas.

10.00 h.: Importancia da atención integral: Rehabilitación Psicosocial, Saúde Mental, Emprego e Vida autónoma.

– Begoña Conde. Directora técnica e psicóloga clínica da asociación Avelaíña.
– Dolores Crespo. Enfermeira da Unidade de Saúde Mental de Val Miñor.

11.30 h.: Descanso

12.00 h.: Incorporación laboral, acción empresarial e participación social.

– Óscar Sánchez. Director de Xestión Social de Fundación Lantegi Batuak
– Raúl Pardo. Responsable do Programa Xuntos Somos Capaces, na área noroeste da Fundación Mapfre.

Tarde:

16.00 h.: Mesa redonda: As caras da intermediación laboral. Aportacións dende o Servizo de Emprego de Feafes Galicia.

– Persoa usuaria do Servizo de Emprego de Feafes Galicia.
– David Lorenzo. Director de Decathlon Vigo.
– Isabel Seguín. Intermediadora laboral do Programa OEDEM de Feafes Galicia.

17.15 h.: Presentación da campaña de sensibilización ’Sabiamente’, da Fundación Solidarios Anónimos, presidida por Carlos Mañas, en colaboración con Feafes Galicia.

18.00 h.: Clausura das Xornadas.