Esta xornada tratará temas de gran interese, tanto para as persoas con enfermidade mental, como para os seus familiares e/ou coidadores e os profesionais que traballan con este colectivo. Nas mesas redondas poderanse coñecer modelos interesantes, como a Fundación Pública Andaluza para a Integración de Persoas con Enfermidade Mental (FAISEM) ou os modelos alternativos de vivenda de cohousing, co-vivenda ou espazos compartidos. Ademais, analizaranse novas fórmulas de protección xurídica para este colectivo. En todas esas mesas participarán destacados ponentes expertos na materia.
Para confirmar a asistencia, débese enviar o boletín de inscripción ao correo electrónico do Departamento de Administración de Feafes Galicia: Javier Antelo javier@feafesgalicia.org – 981- 554395 (ext.: 11).
Podes consultar a ubicación da Escola Galega de Administración facendo click aquí: