Os membros do Club de Ocio de Lugo non deixan de probar cousas novas, e por iso atreveranse a disfrutar dunha refrescante experiencia baixo a auga da piscina municipal de Frigsa. Trátase dun bautismo de buceo, actividade que realizarán equipados con chalecos de neopreno e unha máscara facial para poder respirar.
A actividade terá lugar o sábado 24 de outubro ás 17:00 e ten como obxectivo que os participantes gocen dunha experiencia divertida nun entorno distinto e relaxante. Ao longo da xornada, e da man de instrutores experimentados, os usuarios de FEAFES Lugo aprenderán algunhas nocións básicas sobre o emprego da equipación de buceo e a respiración baixo a auga.