O Foundation Day é un evento a nivel mundial que se realiza simultaneamente en diversos lugares do planeta. En cada tenda Decatlhon, o mesmo día vívese e compártese de xeito solidario unha xornada de deporte cos usuarios de algunha asociación local.
En Lugo, Decatlhon decidiu contar con FEAFES para participar neste evento, polo que 28 persoas con enfermidade mental daranse cita nesta actividade que pretende estimular ós seus participantes cara o mundo deportivo, favorecer a relación con usuarios doutras entidades locais e pasar unha xornada divertida.
O evento comezará ás 16:30 e os participantes poderán participar en diferentes actividades deportivas como tiro con arco, baloncesto, pimpón, etc. Estas estarán guiadas por persoal de Decatlhon e contaremos coa compañía doutras dúas asociacións: Aspanaes e Down Lugo.
Moitas grazas a Decatlhon por contar connosco!