Skip to main content
Do 3 ao 12 de outubro, Lugo celebrará a súa festa patronal, San Froilán, declarada de interese turístico nacional. Un ano máis, a cidade vestirase de festa para disfrutar dun programa cheo de actividades para todos os lucenses e os visitantes, entre as que haberá xogos para os máis pequenos, concertos, pasarúas, orquestras e outras actuacións.
Os membros do Club de Ocio de FEAFES Lugo non queren perder a oportunidade de disfrutar destas festas, e por iso daranse cita o sábado 10 de outubro ás 18:00 na praza de Santa María de Lugo. Alí gozarán todos xuntos do XIII Festival de Cultura Tradicional no que participarán a asociación cultural Cántigas e Flores de Lugo, a asociación cultural La Trébede de Valladolid, e o grupo de Coros e Danzas Mancha Verde de Ciudad Real.  
Despois destas actuacións, ás 19:00, o Club de Ocio de FEAFES Lugo trasladarase á praza maior para mover o esqueleto ao ritmo da orquestra Solara; que viva San Froilán e que o ritmo non pare!