Chegou o momento: o próximo 27 de outubro, Doa celebra a gala de conmemoración do seu 30º aniversario ás 20:00 no Cinema Teatro Salesianos de Vigo (Rúa de Venezuela, 3).
A gala será conducida polo showman vigués Carlos Veleiro e contará coa colaboración desinteresada do Club Maniotas de Vigo, Mayeusis Conservatorio das Artes Fundación e Escuchando Elefantes.
Esta gala aglutina pasado e presente a través de Doa e os seus distintos colaboradores, pero sobre todo futuro: o futuro do deporte e a música de Galicia, o futuro da saúde mental en Vigo, proxectos antigos e proxectos novos, e ganas, moitas ganas de aprender, colaborar, formar, entreter…
As entradas teñen un custo de 3€ e os menores de 7 anos están exentos de abonala. Pódense comprar a través do servizo telefónico de Ataquilla (902 504 500), a través da páxina web www.ataquilla.com, ou nos seguintes despachos de billetes:
Sede Afundación da Coruña, situada en Cantón Grande 8.
Central de Espectáculos de Vigo, situada en Velázquez Moreno, 26.
Sede Afundación Santiago de Compostela, situada en Rúa do Vilar, 19.
Sede Afundación Vigo, situada en Policarpo Sanz 26
Sala de Exposicións Sede Afundación de Ourense, situada en Praza Maior, 4.
No despacho de billetes do Cinema Salesianos dende as 19:00
Para aqueles que queiran colaborar con Doa e non poidan acudir á gala, habilitouse unha Fila Cero na conta ES18 2080 5000 6930 4027 3252.
Doa convida a todo o mundo a acudir e colaborar nesta festa tan especial, para poder encher o aforamento e demostrar o apoio da sociedade cara ao esforzo da asociación por mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental.
