Skip to main content
O vindeiro día 27 de outubro de 2016, no Auditorio da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), terá lugar a primeira xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito–transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.
Esta xornada ten como finalidade principal xerar un espazo para o achegamento de experiencias, moitas delas en primeira persoa, sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, así como amosar diferentes iniciativas políticas e sociais que se están levando a cabo no ámbito galego e estatal para a atención e xestión desta problemática.
Entre os participantes nesta xornada intervirá Antonio Hernández, director de FEAFES Galicia, que falará do traballo que realiza a federación galega de saúde mental na atención ás persoas sen fogar en Compostela e a relación que existe entre os problemas de saúde mental e a exclusión social.
O público destinatario desta xornada serán profesionais e persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, así como estudantes do eido social e comunitario. Para acudir a esta xornada, é necesario cubrir o seguinte formulario de inscripción antes do 26 de outubro. Para consultar o programa, pica aquí