O evento comezará ás 22.00 horas coa proxección de “Nosferatu”, un clásico da historia do cine dirixido por F.W. Murnau. A media noite os asistentes poderán ver “Crise en DSM IV”, unha curtametraxe da asociación Itínera en colaboración con Tropa Korriban e dirixiga por Daniel González Portela. Por último, ás 00.15, proxectarase “A lexión dos homes sen alma (White Zombie, 1932) ” de Victor Halperin.
As persoas interesadas en asistir poden apuntarse chamando ao servizo de Ocio e Deportes de Feafes Galicia, no 981 554 395 ou 900 102 661.