Skip to main content
O vindeiro xoves 20 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar o II Certame de Panxoliñas organizado pola asociación APEM no auditorio do edificio de Servizos Múltiples de O Burgo (Culleredo). 
Neste certame participarán, ademais da coral, diferentes agrupacións do Concello de Culleredo e outros municipios veciños para amenizar estas datas tan especiais.
Ao rematar, APEM convidará a todos os asistentes a visitar o Belén de Fofuchas que teñen montado na Casa Rosa, o cal foi elaborado polos usuarios da entidade nos seus talleres prelaborais.
Ademais, haberá chocolatada e buñuelos de balde para todos os asistentes.