Skip to main content
O vindeiro 19 de maio, o Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Vigo organiza as súas II Xornadas do CIIES baixo o título  “Saúde Mental e persoas sen fogar”. O encontro celebrarase no Auditorio Municipal do Concello de Vigo de 9h a 15h.
Tras a apertura, que correrá da man do alcalde de Vigo, Abel Caballero, a traballadora social do CIIES, Andrea Velasco, pasará a introducir este organismo.  A continuación, sucederanse unha serie de profesionais que analizarán e debaterán sobre a situación das persoas con problemas de saúde mental que se atopan na rúa. Entre eles, intervirá a Directora Técnica da asociación Doa de saúde mental, Estrela Gómez.
O acto será clausurado pola conselleira de Benestar Social, Igualdade e Normalización lingüística, Isaura Abelairas. A participación nestas xornadas está aberta a calquera persoa interesada e é preciso inscribirse previamente a través do email maria.martinez@grupo5.net.

Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Vigo

O CIIES é un centro de atención integral do Concello de Vigo que persegue, ademais de dar cobertura a servizos básicos, realizar unha intervención social que permita ás persoas atendidas aumentar a súa calidade de vida e procurar contextos que faciliten a inserción sociolaboral. Igualmente, aténdense situacións puntuais de emerxencia social que ocorran na cidade de Vigo.
O Centro conta cun servizo de unidade de rúa que atende a persoas sen fogar no lugar onde se atopan no municipio e cun piso fora do propio centro, situado nunha comunidade de veciños, como recurso de inserción.