O venres 8 de abril, un total de 18 persoas pertencentes ás asociacións federadas en FEAFES Galicia poderán gozar nin máis nin menos que do musical Mamma Mia, espectáculo que se representará ao longo de tres días no Auditorio Mar de Vigo.
Unha nai, unha filla, tres posibles pais e unha voda do máis particular. Esta é a historia que encerra Mamma Mia, un espectáculo cheo de cor, música e baile que conta cun magnífico elenco encabezado por Nina de Operación Triunfo.
Esta superprodución, construída ao redor das pegadizas e inesquecibles cancións de ABBA, xa namorou a máis de 54 millóns de espectadores en todo o mundo, representouse ata en 440 cidades e, despois de 16 anos en cartel ininterrompidamente, continúa representándose con gran éxito.
Os usuarios das asociacións FEAFES poderán acudir a esta cita grazas a un desconto facilitado pola compañía promotora do espectáculo, Stage Entertainment. Presenciarán a función das 18:00 nove usuarios da Mariña, oito de Avelaíña e un de Doa, podendo bailar, cantar e rir ao son das cancións de ABBA mentres viaxan ao lado máis optimista e reconfortante da vida.
