O próximo 19 de marzo, o Deportivo enfrontarase ao Levante en Riazor e un grupo de usuarios de FEAFES Galicia poderán presencialo dende as bancadas branquiazuis. Isto débese á cesión de 20 entradas por parte do club para que os membros da nosa entidade poidan gozar de actividades de ocio normalizado.
O encontro, que se corresponde coa 30ª xornada da liga, comezará ás 20:30, dando a oportunidade aos membros do Club de Ocio de FEAFES Coruña de presenciar o ambiente de Riazor e mesturarse coa afección deportivista.
Grazas a actividades como esta, as persoas con enfermidade mental poden mellorar a súa calidade de vida realizando actividades que rompen coa rutina diaria, familiarizándose co deporte e socializando con outros compañeiros. Por iso, FEAFES Galicia agradece a colaboración do Real Club Deportivo da Coruña por axudar a favorecer o lecer normalizado das persoas con enfermidade mental.