O próximo xoves 3 de abril, os usuarios do Club de Ocio de FEAFES Galicia asistirán de forma gratuíta a ver a Real Filharmonía de Galicia, grazas á colaboración do Teatro Jofre de Ferrol que doou entradas para os nosos usuarios.
A actuación está organizada pola Sociedade Filharmónica Ferrolá e nela interpretaranse unha serie de pezas dirixidas por Julian Steckel e con Béla Bartók ó violonchelo. A Real Filharmonía de Galicia é unha orquestra que representa o espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, e está formada por un total de cincuenta músicos de diferentes nacionalidades que aportaron a súa experiencia, formación, tradición musical e ilusión.
A música é para todas as persoas un elemento que nos axuda a relaxarnos, a exteriorizar os nosos sentimentos, a expresar sensacións e a liberar estres. Por iso, acudir a un concerto como este aporta grandes beneficios ós usuarios de FEAFES Galicia, xa que estimula a comunicación e a expresión de sentimentos, favorece a integración social e potencia o benestar cun mesmo.