Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio en Coruña no mes de outubro

By 1 de Outubro de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

A proposta de actividades lúdicas e culturais para os usuarios da Coruña comeza o sábado 18 de outubro cunha visita á Casa das Ciencias (parque de Santa Margarita s/n). Esta empezará ás 11:00, hora na que se atoparán todos os visitantes para mergullarse nos segredos e misterios que esconde o museo coruñés.

A seguinte cita terá lugar o sábado 25 de outubro cunha apetecible excursión ás fervenzas do Parque Natural de Barosa, en Barro. A saída será ás 09:30 dende Coruña e a actividade terá un prezo de 6 €/persoa. A través desta visita, os usuarios do Club de Ocio de FEAFES Coruña poderán disfrutar dunha paraxe natural de gran beleza e admirar a combinación de auga, vexetación e pedra  que se da no lugar.

Se aínda non tes plan para o mes de outubro, contacta connosco!

ocio coruña outubro 2.jpg     ocio coruña outubro.JPG