Skip to main content

O xoves 22 de xaneiro terá lugar a primeira toma de contacto entre os membros do Club de Ocio de FEAFES Coruña e a súa nova monitora, así que quedarán para tomar algo ás 19:00 no Bar 21 de Parque Europa. Veranse na entrada principal do Fórum Metropolitano, para disfrutar despois dun tempo de distensión e intercambio de impresións.

O mércores 28 de xaneiro xa entrarán de cheo nas actividades de ocio mediante unha sesión de cine, pois acudirán a Los Rosales para ver “A teoría do todo”.  A cita será ás 18:00 na entrada principal do Centro Comercial, onde se atoparán para ver este filme que narra a relación entre o célebre astrofísico Stephen Hawking e a súa primeira muller, Jane, na época en que ambos loitaron contra a enfermidade que postrou ó famoso científico nunha cadeira de rodas. 

Con estas dúas citas, comeza a proposta de ocio de Coruña para este 2015; a que agardas para apuntarte? 

ocio coruña xaneiro.png