O domingo 13 de xullo, os usuarios de Coruña atoparanse ás 12:00 na Dársena (Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 2) para comezar a xornada de ocio. En primeiro lugar, realizarán unha visita ó Castelo de San Antón, unha das fortificacións máis importantes da cidade e punto principal de defensa nas loitas contra piratas como Francis Drake e outros invasores.
Hoxe en día é un museo que conserva e expón pezas prehistóricas e históricas relacionadas co castelo, coa Coruña e con Galicia en xeral. Conta cun Patio de Armas con restos escultóricos e arquitectónicos da Idade Media e cunha sección de Arqueoloxía que ten pezas megalíticas, da Idade de Bronce, da cultura castrexa e da romanización.
Tras esta visita, os membros do Club de Ocio de FEAFES Coruña desprazaranse ata os merendeiros da Torre de Hércules para disfrutar dun picnic mentres se deleitan coas magníficas vistas da zona.
A xornada rematará na praia das Lapas, onde os usuarios pasarán a tarde realizando xogos e divertíndose ca area e o mar da costa coruñesa. A ver si o tempo acompaña!