Aproveitando a festa de San Xoán, o venres 20 de xuño ás 22:00, os membros do Club de Ocio de FEAFES Coruña daranse cita na Praza de María Pita para disfrutar dos concertos de Nacha Pop, La Unión e Los Limones, onde poderán escoitar temazos como “Chica de ayer” o “Lobo Hombre en París”.
Por outra banda, o sábado 28 de xuño coñecerán o Centro de Interpretación da batería de canóns do Monte de San Pedro, onde disfrutarán dunha visita guiada que comezará ás 11:00 e durará unha hora aproximadamente.
Esta visita consistirá nun percorrido polo centro de interpretación, o pozo Leste e o punto de dirección de tiro. Abordarase a situación de España a finais do século XIX e principios do XX, os planos de artillado desa época, a defensa da costa en España e a historia da batería de San Pedro.
A continuación, o Club de Ocio de FEAFES Coruña fará unha barbacoa nos merendeiros de San Pedro e subirá ó ascensor panorámico, ademais de pasar a tarde visitando o labirinto de mirto, a cascada e a cúpula Atlántica.