O domingo 11 ás 11:30, os usuarios do Club de Ocio de FEAFES Lugo reuniranse na praza do Concello para participar nas actividades organizadas por Decathlon Lugo a propósito do Decabike, unha actividade de ocio e deporte organizada simultaneamente en 72 cidades españolas. Dentro desta xornada, os nosos rapaces e rapazas realizarán probas de roller, subirán por un rocódromo, xogarán ó pinpon, farán tiro con arco e moitas cousas máis. E para repoñer as enerxías gastadas, a continuación realizaremos un picnic no parque de Rosalía.
O xoves 22, pola súa banda, o grupo de Ocio de FEAFES Lugo está convidado a asistir a un adestramento do Club Deportivo Lugo, equipo que xa colaborou connosco noutras ocasións. Esta vez teremos a oportunidade de ver ós xogadores adestrar, conversar con eles, facerlle preguntas ó Míster e mesmo sacar algunha que outra foto. O encontro terá lugar ás 19:00 no Estadio Anxo Carro.
Se aínda non tes plans para este mes, non dubides en apuntarte!