O sábado 11 de outubro, os usuarios de FEAFES Lugo acudirán ó Pavillón Municipal de Deportes para ver o derbi que disputará o Azkar Lugo F.S. contra o Santiago Futsal. O partido, que comezará ás 18:00, estará dedicado á saúde mental xa que a súa data de celebración queda moi próxima ó Día Mundial da Saúde Mental. Por iso, FEAFES Galicia e a asociación Alume poderán montar stands informativos para dar a coñecer a súa actividade.
Tan só un día despois, o domingo 12 de outubro, o Club de Ocio de FEAFES Lugo continuará coa súa racha de fútbol acudindo ó partido que disputará o C.D. Lugo contra o R. Zaragoza. O encontro terá lugar ás 18:00.
E para completar a proposta de actividades, o sábado 18 de outubro realizarase unha viaxe á Coruña para disfrutar alí de diversas actividades entre as que se atoparán unha sesión de zumba, un obradoiro de repostaría e unha gimkhana de xogos. Estas actividades resultarán gratuítas para os usuarios de FEAFES Lugo xa que o seu custe, así como o do desprazamento ata a cidade herculina, será aboado pola Asociación de Voluntarios de la Caixa.
Tras a realización destas actividades, que comezarán ás 11:00, o Club de Ocio de FEAFES Lugo está convidado a comer nun cátering, e xa pola tarde, se o tempo o permite, disfrutarán dunha visita pola cidade da Coruña.