O sábado 13 de setembro, os membros do Club de Ocio da capital lucense están citados ás 08:00 da mañá nas oficinas de FEAFES Lugo para ir en coche ata o Peirao de Aguiño, dende onde os levarán ata a Illa de Sálvora. Alí poderán coñecer e percorrer un entorno de gran beleza e interese natural, ademais de realizar labores de voluntariado medioambiental e darse un bo chapuzón.
O obxectivo desta actividade é sensibilizar e infundir nos participantes coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas na Illa de Sálvora, ademais de disfrutar das súas paisaxes e pasar un bo rato de convivencia.
Por outra banda, o sábado 27 de setembro, o Club de Ocio de FEAFES Lugo acudirá como público ó partido que disputará o CD Lugo contra o Osasuna, o cal terá lugar ás 16:00 no campo do equipo lucense.