Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio en Lugo no mes de xullo

By 20 de Xullo de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

O domingo 20 de xullo ás 09:30, os membros do Club de Ocio de FEAFES Lugo están citados nas oficinas da delegación dende onde se desprazarán ata Arteixo. Alí disfrutarán dunha entretida rota a cabalo polo Bosque da Estrela, durante a cal estarán acompañados da asociación Equus Zebra de A Coruña e da AAVV de La Caixa en Galicia.

Grazas a esta última entidade, a actividade será gratuíta para os nosos usuarios, xa que a asociación costeará o desprazamento, a rota a cabalo e o picnic do que disfrutarán despois os participantes. Por elo, FEAFES Galicia quere agradecer a colaboración e axuda desinteresada da Asociación de Voluntarios de “la Caixa” en Galicia.

O mércores 30 de xullo, pola súa banda, a actividade programada consiste nunha xornada de piragüismo. Comezará ás 17:00 e realizarase na Escola de Piragüismo dos Robles, despois da cal os usuarios merendarán todos xuntos aproveitando o bo tempo.

Se non sabes qué facer durante o mes de xullo, non tes escusa para non vir connosco!

ocio lugo xullo (1).JPG        ocio lugo xullo (2).jpg