Skip to main content

O domingo 3 de maio ás 17:00, o Compostela enfrontarase ó Real Oviedo e nós non queremos perdelo. Quedaremos ás 16:40 na porta 16 do Estadio de San Lázaro para coller as entradas e disfrutar deste encontro deportivo.

O sábado 9 de maio, pola súa banda, acudiremos á exposición “Camiño, a orixe” que se atopa no Museo Monte Gaiás, ubicado na Cidade da Cultura. Nela emprenderemos unha viaxe guiada que nos devolverá ó xerme dun fenómeno histórico e cultural que perdura ata os nosos días: a peregrinación. Quedaremos ás 16:00 na estatua das Marías na Alameda e iremos todos xuntos en autobús urbano.

O domingo 17 volveremos a San Lázaro para presenciar desta vez o encontro S.D. Compostela – Real Avilés. Quedaremos novamente ás 16:40 na porta 16 do estadio para coller as entradas e non faltar á nosa cita co club compostelán.

O sábado 23 de maio faremos unha excursión en tren ata Padrón onde visitaremos a casa museo de Rosalía de Castro, un espazo que alberga un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e obra desta escritora galega. Quedaremos ás 16:00 na porta principal da estación de trens de Santiago de Compostela e dende aí desprazarémonos ata Padrón para comezar a visita ás 17:00.

E para clausurar o mes por todo o alto, faremos unha visita guiada ás cubertas da catedral de Santiago de Compostela, un lugar único e distinto dende o que revisar a historia do monumento máis emblemático da capital galega. Esta actividade terá lugar o sábado 30 de maio ás 17:00, para o cal quedaremos ás 16:20 na estatua das Marías na Alameda dende onde iremos todos xuntos.

ocio santiago maio.jpg