Skip to main content

O domingo 1 de marzo acudiremos ó Estadio de San Lázaro para non faltar á cita habitual co S.D. Compostela. Desta vez enfrontarase ó Marino Luanco nun encontro que terá lugar ás 17:00. Os membros do Club de Ocio que queiran asistir deberán estar ás 16:40 na porta 16.

O sábado 7 continúan as actividades cun plan do máis suxestivo: unha andaina polo río Sarela con merendola incluída. A quedada será ás 16:15 diante do Hotel Peregrino e haberá que levar auga e algo de comida para merendar.

Coa fin de facer algo distinto e aprender un deporte novo, o sábado 14 iremos xogar ó pingpong, despois do cal reporemos forzas tomando un refresco todos xuntos. Para iso haberá que estar ás 16:30 diante do Hotel Peregrino.

O domingo 15 de marzo volvemos a vestir as cores do Compostela coa fin de presenciar o seu partido contra o U.P. Langreo, para o cal os usuarios deberán estar novamente ás 16:40 fronte a porta 16 do Estadio de San lázaro.

E por se fose pouco… seguimos! Unha das actividades máis completas do mes terá lugar do venres 20 ó domingo 22 de marzo, pois aproveitaremos a ponte para pasar unha fin de semana na casa vacacional que ten FEAFES Galicia en Hío. Ademais, os membros do Club de Ocio de Santiago non irán sós, senón que terán a oportunidade de coñecer ós seus compañeiros de Coruña que tamén disfrutarán desta estancia.

E para rematar o mes, volvemos a San Lázaro! Desta vez será o domingo 29 de marzo, día no que o S.D. Compostela enfrontarase ó Atlético de Astorga. Unha vez máis, a quedada será ás 16:40 na porta 16 para gozar dun partido que comezará ás 17:00.

ocio santiago marzo.jpg