Un bo xeito de comezar o ano pasando un rato divertido e ameno é participando nunha partida de bolos, e iso é o que van facer os usuarios de Santiago. A cita será o sábado 10 de xaneiro na Boleira do Centro Comercial Área Central, para o cal os participante deberán estar ás 17:00 na entrada principal (onde se atopa a parada de taxis).
O entretemento continúa o domingo 18 de xaneiro no Estadio de San Lázaro, onde o Club de Ocio de FEAFES Santiago acudirá á súa cita co Compostela, que desta vez enfróntase á Cultural y Deportiva Leonesa. Coa hora aínda por concretar, os usuarios que queiran acudir deberán dirixirse á porta 16 do estadio.
E para rematar ben o mes, o plan do domingo 25 de xaneiro ten unha pinta estupenda: partida de dardos, billar e merendola! A quedada será ás 17:00 na estatua das Marías na Alameda, dende onde nos desprazaremos a un local que nos permita pasar unha tarde de xogos e diversión.