O sábado 13 de xuño temos a primeira cita de ocio deste mes para visitar o castelo da Rocha Forte, unha fortaleza descoñecida para moitos que encerra unha grande historia dende o século XII ata agora, escondendo numerosos segredos, personaxes e aventuras. Para visitar este castelo situado na zona compostelá de Conxo, quedaremos ás 17:00 diante do Hotel Peregrino e iremos paseando ata a Rocha.
E para aproveitar o sol e as posibilidades que nos ofrece a costa galega, un sábado ou domingo de xuño aínda por determinar, faremos unha excursión á praia de Vilagarcía. Para iso quedaremos ás 15:30 na porta principal da estación de ferrocarrís de Santiago e desprazarémonos en tren ata Vilagarcía, regresando posteriormente no tren das 20:00. O custo dos billetes de ida e volta será de 7,25€.