Para os futbolistas que forman parte do equipo de Vigo na Liga FEAFES, este mes hai dous encontros programados: o venres 11 de Abril disputarase un partido contra Lenda no Pavillón das Travesas ás 10:00, e para non perder a forma, o venres 25 de Abril teremos a ocasión de enfrontarnos contra Lar ás 12:00.
E para aqueles que son menos de correr e máis de encher o bandullo en boa compañía, o sábado 12 de Abril hai programado un picnic en A Madroa a partir das 12:00, ó que lle seguirá unha visita ó zoolóxico de Vigo.
E aínda hai máis! Queremos terminar ben o mes e por iso o domingo 27 calzaremos as botas e encheremos as cantimploras para realizar o roteiro Cova do Folgón, unha camiñata que une Freixo con Vigo á que lle dedicaremos a mañá enteiriña. O lugar e hora de encontro será ás 09:00 na Praza do Rei (Concello de Vigo).
Sabendo todo isto… a ver quen queda agora na casa!