O Club de Ocio de FEAFES Vigo teno claro: este verano hai que disfrutalo por todo o alto. Por iso, contamos cunha suculenta oferta de actividades para este mes de agosto que serán difíciles de rexeitar.
O martes 4 comeza a acción cunha visita á Illa de Sálvora, onde faremos unha actividade de voluntariado medioambiental limpando a zona. Por suposto, tamén haberá tempo para disfrutar da praia e da paraxe, volvendo a Ribeira ás 19h.
O venres 7 de agosto a cita está nos museos vigueses, pois aproveitando a Noite Branca da cidade, de 20h a 02h poderemos visitar o Museo Quiñones de León, o Verbum, a Pinacoteca, a Casa Galega da Cultura, a Casa das Artes, a Fundación Laxeiro, o MARCO, o Museo Liste , o CAT-Centro de Artesanía Tradicional, o Castro e o Museo de Toralla.
Xa para finalizar, por se non fose pouco, o xoves 20 de agosto ás 18h acudiremos á Vila Romana de Toralla para presenciar unha loita de gladiadores. Para iso visitaremos o Centro de Interpretación de Minambell, onde adoitan recrearse escenas cotiás do mundo romano con roupaxes da época.