A liga de fútbol sala de FEAFES está a poñerse interesante, e este mes o equipo do Club de Ocio de Vigo ten dous encontros moi esperados! O venres 9 de maio disputará, ás 12:30 no pavillón do CUVI, un partido contra o equipo da asociación Alba con quen empatou 7-7 a pasada semana.
Pola súa banda, a semana do 19 ó 25 de maio (día por confirmar) terá lugar un partido entre o Club de Ocio de FEAFES Vigo e a asociación Lenda. Este encontro disputarase en Redondela, e o Club de Ocio irá con todas as de gañar para para compensar a derrota que sufriu en casa no partido de ida.
Pero non todo é fútbol para os membros do Club de Ocio de FEAFES Vigo… Para demostrar que tamén o pasan ben compartindo un bo xantar e un momento de convivencia, o domingo 11 disfrutarán dun picnic en Castrelos para acudir despois á festa que celebrará o Celta en Balaídos. Este é un evento no cal o equipo vigués quere agradecer á afición o seu apoio durante este ano, e para iso contará con diversas actividades como actuacións musicais do artista Iván Ferreiro ou da Orquestra Panorama.
E para non perder a práctica de facer sendeirismo, o Club de Ocio realizará tamén este mes un roteiro polos Montes de Vigo. Terá lugar o domingo 18 e comezará ás 08:00 no Concello de Vigo, para disfrutar despois durante todo o día da natureza e das paisaxes coas que contan os arredores da cidade.