Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio en Vigo no mes de outubro

By 1 de Outubro de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

O venres 3 de outubro ás 09:40 da mañá, o equipo de balompé de FEAFES Vigo reunirase no Pavillón das Travesas para comezar os seus adestramentos.  Estes continuarán o venres 24 á mesma hora e no mesmo lugar, despois do cal disputarán un partido amigable.

E como o Club de Ocio de FEAFES Vigo resístese a rematar o verán, o venres 3 deste mes realizará un picnic na praia do Vao tras o cal pasarán a tarde no areal disfrutando do sol e da auga. A quedada será ás 14:00 fronte ó campo de fútbol do Coruxo.

Para rematar o mes, o sábado 25 realizarase unha excursión a Barro, Caldas de Reis e Cuntis. Os usuarios do Club de Ocio de FEAFES Vigo que queiran acudir deberán estar ás 09:20 da mañá na Praza de España. Esta actividade terá un custe de 6 euros.

ocio vigo octubre (1).JPG          ocio vigo octubre (2).jpg