Skip to main content

O primeiro encontro será o venres 16 ás 17:00, e servirá para que os usuarios e a nova compañeira de ocio se coñezan e compartan as súas primeiras conversas. A cita será no Telepizza da Rúa García Barbón, onde merendarán todos xuntos e compartirán un tempo de distensión.

Tras esta primeira toma de contacto, o venres 30 visitarán a exposición “O proxecto dos residuos de plástico” que se atopa na Fundación Pedro Barrié de la Maza (Policarpo Sanz, 31). Trátase dunha mostra que denuncia as enormes cantidades de plástico que chegan ós nosos mares todos os días, a través dunha exposición que ocupa tres plantas e que ven acompañada dun programa didáctico. 

Con estas dúas citas, comeza a proposta de ocio deste 2015 para Vigo; a que agardas para apuntarte?

ocio vigo xaneiro.jpg