Skip to main content

O venres 10 de xullo damos o pistoletazo de saída a un mes cheo de plans coa visita á exposición “Pacífico. España e a aventura do mar do sur”, unha mostra que se atopa no Museo do Mar de Vigo. A cita será ás 17:00 e nela coñeceremos os descubrimentos e exploracións españolas no Océano Pacífico durante os séculos XVI e XVII como parte fundamental da evolución xeográfica e cultural do mundo.

O sábado 25 de xullo, pola súa banda, calzaremos as botas de camiñar para percorrer a Senda Costeira Areamilla e disfrutar das paisaxes que nos ofrece o entorno das Rías Baixas. Quedaremos ás 10:00 no Porto de Vigo para coller o barco en dirección a Cangas, onde faremos unha ruta e comeremos na praia ou no monte para disfrutar da fantástica paraxe das costas do lugar.