Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio en Vigo no mes de xuño

By 4 de Xuño de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

O fútbol foi unha constante durante todo o ano para os membros do Club de Ocio de FEAFES Vigo, polo que este equipo clausurará a liga cun partido no que se xogará o segundo posto! O encontro terá lugar o mércores 4 ás 12:00 en Vilagarcía de Arousa, e o contrincante do Club de Ocio vigués será o equipo da asociación Lar; que gañe o mellor!

Deixando de lado o deporte e achegándonos ó cinema, o venres 6 haberá unha sesión de cinefórum nas oficinas de FEAFES Vigo ás 17:00. O filme que visionaremos será “Pequena miss Sunshine”, unha película que fala do éxito e o fracaso, da familia e a convivencia, da beleza exterior e da beleza interior.

E para rematar ben o mes, a fin de semana do 27 de xuño mergullarémonos de cheo no verán cunha xornada na praia do Vao, onde haberá chapuzóns, sol, xogos de cartas, voleibol e moita diversión asegurada! 

ocio xuño vigo.jpg