Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio na Coruña no mes de Abril

By 12 de Abril de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

O mes de Abril comeza forte para os usuarios do Club de Ocio FEAFES Coruña porque acudirán nin máis nin menos que ó Festival Oistes Rock! O acontecemento terá lugar o sábado 12 de Abril ás 18:00 no Coliseo e nel disfrutaremos de grupos como Los Suaves, Rosendo, Miguel Costas, Tregua e Reincidentes.

E para coñecer un pouco máis os encantos da cidade e aumentar os nosos coñecementos sobre a historia e lenda desta, o sábado 26 de abril quedaremos ás 11:30 na Avenida de Navarra para visitar a Torre de Hércules. Despois dun percorrido por este emblemático monumento, disfrutaremos dun relaxado picnic no merendeiro que se atopa ó lado para compartir un momento de convivencia e distensión.

Se estás na casa e non tes que facer… non dubides en apuntarte e divertirte connosco!

ocio coruna abril.jpg