Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio na Coruña no mes de Febreiro

By 21 de Febreiro de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

Esta atractiva axenda lúdica comezará o sábado 15 de Febreiro ás 16:30 cunha visita ó Aquarium da Coruña, onde os rapaces e rapazas do Club de Ocio de FEAFES poderán aprender sobre a alimentación de focas grazas a unha visita guiada.

Despois, a diversión continuará cun espectáculo de maxia en La Tuerka 27, que terá lugar ás 21:30 en C/Doutor Fleming 27, baixo. O prezo da actuación será de 5€ e estará protagonizada polo Mago Marko.

E por se fora pouco, o venres 21 de Febreiro continuamos cun pouco de ciencia e outro pouco de deporte! Ás 17:00, o Club de Ocio de FEAFES Coruña acudirá a unha visita guiada polo museo Muncyt de Ciencia e Tecnoloxía, que está situado na Praza do Museo Nacional nº1. 

O mesmo día ás 21:00, o Barket Coruña disputará un partido contra o Axarquía de Málaga e tampouco queremos perdelo, polo que alí estaremos na C/Arquitecto Rey Pedreira 3, baixo.

Se queres saber máis ou desexas apuntarte, contacta coa monitora do Club de Ocio de FEAFES Coruña, Teresa (682 304 227), ou chama ó noso teléfono gratuíto 900 102 661!

acuarium coruna.jpg