Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio na Coruña para o mes de Marzo

By 9 de Marzo de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

Para comezar o mes empapándose de ciencia e cultura, o Club de Ocio FEAFES da Coruña organizou unha visita ó Muncyit (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) que terá lugar o domingo 9 de Marzo. A actividade comezará cunha visita de 11:00 a 13:00 polas instalacións do museo que dispón de sete salas de exposicións. 

A continuación, para homenaxear o Día da Muller Traballadora que terá lugar o 8 de Marzo, o museo organizou unha actividade na que haberá unha charla introdutoria sobre unha muller destacable no mundo da ciencia. Despois, os usuarios do Club de Ocio FEAFES Coruña poñeranse por grupos para responder unha serie de preguntas relacionadas coa vida desa muller, para o cal terán que buscar pistas que estarán agochadas por todo o museo.

Despois desta divertida actividade, ás 14:00, os usuarios e usuarias do Club de Ocio FEAFES Coruña teñen reservada unha zona de picnic a onde levarán bocatas para poder comer todos xuntos. 

Pero aquí non rematan todas as actividades do mes… para disfrutar de algo de deporte, o domingo 30 de Marzo acudirán ó Estadio de Riazor a ver o partido entre o Deportivo da Coruña e o Tenerife… que gane o mellor!

Muncyit.jpg