Skip to main content
O venres 11 de setembro, está prevista unha ruta de sendeirismo polo paseo do río Rato que permitirá coñecer de cerca a flora e a fauna da zona. A quedada será ás 17h no Centro de Interpretación da Natureza Terras de Miño, situado ao pé da cidade de Lugo, na parroquia de San Fiz de Muxa. 
Este centro está integrado por un conxunto de casa e muíño do século XIX. Nel combínanse modernas tecnoloxías con elementos etnográficos para ofrecer unha complenta información sobre a Reserva da Biosfera Terras do Miño, especialmente sobre o río Miño e os ecosistemas fluviais.
A través do paseo polo río Rato, os membros do Club de Ocio de FEAFES Lugo poderán coñecer os recursos naturais da zona, a beleza paisaxística do entorno e aprenderán a importancia de conservar os ecosistemas, especies, recursos cinexéticos e paisaxes do lugar.
A hora prevista para o remate da actividade será as 19h.