Skip to main content
O domingo 11 de outubro, os membros do Club de Ocio de FEAFES Vigo calzarán as botas para percorrer o Sendeiro da Saleta, unha das rutas das Rías Baixas que transcorre no Concello de Silleda.
Os camiñantes quedarán na Praza de España de Vigo para trasladarse ata o inicio da ruta, que terá lugar na praza da Igrexa de Silleda. Trátase dun sendeiro circular de 13km. que combina camiños asfaltados, calzadas empedradas, camiños rurais e vías pecuarias.
Durante esta ruta poderemos disfrutar dunha flora e unha fauna abundantes e ricas en especies autóctonas. O patrimonio artístico ven marcado por igrexas, pazos, casas grandes e capelas, que constitúen unha fermosa reliquia do pasado nas terras do Trasdeza. 
Este sendeiro transcorre sobre un tramo da Vía da Prata (o Camiño Mozárabe) pero en sentido inverso, dende Silleda ata a Ponte de Taboada. Sen dúbida unha oportunidade única para gozar da natureza e o patrimonio desta zona das Rías Baixas.