Skip to main content
Dentro da programación do Club de Ocio de FEAFES Vigo para o mes de setembro, atópase unha interesante andaina circular de 10 km pola ruta das Almiñas e do Foxo do Lobo. Trátase dun dos Sendeiros Rías Baixas da Deputación de Pontevedra que teñen por obxectivo dar a coñecer a beleza e a riqueza do entorno natural da zona.
A actividade terá lugar o domingo 20 e o punto de encontro será a Praza de España. Dende alí desprazarémonos ata o Concello de Pontecaldelas, onde se atopa a igrexa de Caritel que é o inicio da ruta. Adentrarémonos nun antigo camiño empedrado e sombreado coñecido como Fraga de Abaixo e a continuación teremos que salvar os “Pasos da Fraga” e os “Pasos de Portasouto”. Despois conseguiremos chegar ó Foxo do Lobo, unha singular construción onde antigamente dábase batida de morte ó lobo. Continuando o camiño, volveremos de novo ó punto de partida da ruta.