Este mes de setembro, un total de 45 usuarios e 9 monitores das asociacións de FEAFES Galicia viaxarán a Ibiza para pasar sete días na illa mediterránea. Os viaxeiros que disfrutarán desta convocatoria das vacacións do IMSERSO pertencen ás asociacións Avelaíña, A Creba, Lenda, Alume, Morea, Andaina, Alba, Porta Nova e Lar.
A viaxe durará do 15 ó 22 de setembro e a estancia terá lugar na zona de Santa Eulalia, dende onde os usuarios desprazaranse a diversos puntos da illa para gozar dunha semana de viaxes culturais, actividades recreativas e turismo natural.
Entre as saídas organizadas, está incluída unha andaina ata Punta Arabí, a visita a Ibiza cidade, ó mercado hippy de Las Dalias, á Cova Marca, algunha ruta de sendeirismo e unha visita a Formentera. Ademais, os viaxeiros terán a oportunidade de disfrutar das moitas praias coas que conta a illa como Cala Nova, Es Canar, Benirrás ou Den Bossa.
O regreso terá lugar o martes 22 en voo directo dende Ibiza ata Santiago de Compostela.