Skip to main content
O venres 20 de maio, un grupo de 25 usuarios e traballadores de FEAFES Galicia terán a oportunidade de acudir a un taller dirixido a concienciar á poboación sobre os riscos asociados á exposición solar así como a importancia da prevención do cancro de pel, cuxa incidencia aumentou en España un 38% nos últimos 4 anos.
Trátase dunha iniciativa levada a cabo polos laboratorios La Roche-Posay, a Academia Española de Dermatoloxía e Venereología (AEDV) e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a través da cal se realizan actividades de índole preventiva, educativa, gratuíta e enfocada a todos os públicos. 
Neste caso, visitará a Alameda de Santiago un autobús informativo con laterais extraíbles dotado dun completo equipamento audiovisual, informático e expositivo no que se informará á cidadanía sobre a prevención do cancro de pel. Ao mesmo tempo, a unidade móbil contará cun espazo lúdico e interactivo para reforzar a mensaxe educativa. A visita dos membros de FEAFES Galicia terá lugar ás 17:45 e durará ao redor de 30 minutos.