“Demolición” é un espectáculo a medio camiño entre o drama e a comedia que convida aos espectadores á reflexión. E iso é o que farán os membros do Club de Ocio de FEAFES Vigo o vindeiro 19 de febreiro ás 21h, pois acudirán ao Auditorio Municipal do Concello de Vigo para disfrutar desta mostra teatral.
Levada á escena pola compañía Talía Teatro, esta obra eríxese como unha comedia sobre a especulación urbanística. Un edificio construído sen licenza que vai conseguindo manterse en pé aínda que debía ser derruído, é a historia que ofrece “Demolición”, escrita e dirixida por Cándido Pazó á que dan vida sobre as táboas Toño Casais e Artur Trillo.
Os membros do Club de Ocio de FEAFES Vigo deberán estar ás 20:30 na praza do Concello, dende onde se desprazarán todos xuntos ata o auditorio para gozar desta representación. O custe da entrada será de 5€.