Este verán, tres asociacións de FEAFES Galicia poderán pasar un divertido día no parque acuático de Cerceda. O 19 de xuño acudirán 14 persoas de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal; o 29 de xuño participarán 50 persoas de A Mariña; e o 30 de xuño será a quenda dos 30 participantes de Andaina.
Esta actividade é posible grazas á colaboración do parque acuático, que desde hai anos facilítanos entradas para que persoas con problemas de saúde mental poidan gozar dun ocio normalizado e integrador. Nestas xornadas, os participantes poderán gozar das múltiples piscinas do parque, dos seus tobogáns e dos espazos naturais da contorna, pasando un día completo no Acuapark.
FEAFES Galicia traballa para mellorar a calidade de vida e defender os dereitos das persoas con problemas de saúde mental. Para iso, conta con múltiples servizos entre os que se atopa o de Ocio e Deportes, que ten como obxectivo facilitar a plena integración social destas persoas a través de actividades que rompen coa rutina diaria, permítenlles facer exercicio físico, adquirir autonomía e socializar.
Grazas á visita ao Acuapark de Cerceda, os usuarios das asociacións A Mariña, Andaina e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal beneficiaranse de todas as vantaxes que implica a realización de actividades lúdicas e deportivas.
