Skip to main content
O mércores 8 de maio, un total de 40 persoas da asociación Avelaíña, que desenvolve a súa actividade na Guarda e Baiona, pasarán un día na cidade herculina para gozar de dous dos seus atractivos turísticos.
Por un lado, visitarán o Aquarium Finisterrae, un centro interactivo de divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. Este museo pretende promover o coñecemento do océano e educar actitudes positivas de agarimo cara o medio mariño, así como contribuír ao coñecemento científico da vida mariña. 
Xa pola tarde, os compañeiros de Avelaíña achegaranse ata o castelo de San Antón, unha das fortificacións máis importantes da cidade e punto principal de defensa nas loitas contra piratas como Francis Drake e outros invasores. 
Esta actividade, xestionada a través do Servizo de Ocio e Deportes de FEAFES Galicia, permite que os usuarios rompan coa súa rutina diaria e disfruten dun tempo libre normalizado.