Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Usuarios de Porta Nova, ó Acuapark!

By 18 de Xuño de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

Será o mércores 18 de xuño cando 11 persoas con enfermidade mental e 3 monitores da asociación ferrolá Porta Nova acudan ó Acuapark dentro do programa de ocio deseñado para este colectivo. 

Esta actividade é posible grazas á colaboración do parque acuático, que leva tres anos facilitando entradas para que persoas deste colectivo poidan disfrutar dun ocio normalizado e integrador. 

FEAFES Galicia traballa para mellorar a calidade de vida e defender os dereitos das persoas con enfermidade mental. Para elo, conta con múltiples servizos entre os que se atopa o de Ocio e Deportes, que ten como obxectivo facilitar a plena integración social estas persoas a través de actividades que rompen coa rutina diaria, que lles permiten facer exercicio físico, adquirir autonomía e socializar.

Grazas á visita ó Acuapark de Cerceda, os usuarios da asociación Porta Nova beneficiaranse de todas as vantaxes que implica para este colectivo a realización de actividades lúdicas e deportivas.

acuapark.jpg