O Club de Ocio de FEAFES Vigo disfrutará dunha xornada nas localidades de Arbo e Salvaterra no marco do programa “Coñece a túa provincia” da Deputación de Pontevedra.
A actividade comezará ás 10:00 na parada do Concello de Vigo para desprazarse ata Salvaterra de Miño, onde coñeceremos o parque de A Canuda, considerado o mellor da comarca do Condado. A continuación seguiremos polo paseo fluvial cara as murallas do século XVII, onde poderemos visitar as covas de Dona Urraca.
Pola tarde, despois de comer en Salvaterra, dirixirémonos cara Arbo e coñeceremos o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea. Seguiremos coa visita a unhas construcións de pedra únicas, situadas a ambos lados do río Miño, que penetran no canal fluvial e teñen a función de capturar distintas especies como salmón, lamprea e zamborca.
Sobre as 19:00 rematará a visita, estando prevista a volta a Vigo sobre as 20:00.