Skip to main content
O Aquarium Finisterrae, coñecido polos coruñeses como a Casa dos Peixes, é un centro interactivo de divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. Este museo pretende promover o coñecemento do océano e educar actitudes positivas de agarimo cara ao medio mariño, así como contribuír ao coñecemento científico da vida mariña.
Un grupo de 25 persoas da asociación Andaina terán a oportunidade de coñecer os segredos desta mostra mariña grazas a unha visita guiada gratuíta facilitada pola entidade Museos Científicos Coruñeses. A actividade terá lugar o venres 26 de febreiro ás 11:30, polo que os visitantes poderán gozar despois da contorna da cidade da Coruña. 
Grazas a visitas como estas, os usuarios das entidades FEAFES teñen a oportunidade de achegarse a realidades diferentes e coñecer distintas contornas, rompendo a rutina diaria e gozando dun lecer normalizado.